Bosque de Sequoias da Pena da Moa
A sequoia é unha árbore da clase das coníferas orixinaria de California, da que existen varias especies, que pode alcanzar máis de cen metros de altura e vivir máis de dous mil anos. No monte comunal de Tourón, ao igual que no concello de Poio, existe un pequeno bosque formado por uns 40 exemplares desta árbore que, na súa madurez, alcanza un diámetro que, para abarcalo, precisan de catro adultos. As sequoias, que teñen unha elevada resistencia ao lume (a súa corteza é ignífuga, de aí que o seu nome científico sexa Sequoia sempervivens, “que vive sempre”), sobreviviron aos incendios da década de 1980. A súa madeira, de grande resistencia, non podrece, de aí que sexa moi demandada no sector da construción. Unha anécdota que ilustra a súa dureza: os billetes de dólar fanse con papel procedente desta árbore. A orixe deste pequeno bosque americano está nun viveiro plantado a principios da década de 1960 polos técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra). A súa semente era enviada a outros servizos do estado.