Casa de Clotilde Fernández
Vivenda illada de planta rectangular, con dúas alturas e aproveitamento baixo cuberta foi construída no
ano 1895.
Tres son os elementos que sobresaen neste edificio:
-A cuberta de azulexo verde, da mesma cor que as gardamalletas de madeira que decoran os beirís;
-O miradoiro de madeira acristalado a modo de recibidor que conforma a entrada monumental da vivenda, á que se accede a través dunha escalinata.
-O estilo global ecléctico que domina a composición: arcos apuntados dialogando con ocos baixo lintel, paramentos cubertos con azulexo e muros vistos, contras de madeira exteriores protexendo os ventanais e varandas de fundición no balcón, etc.
Malia que os promotores da vivenda nunca emigraron a América, o seu estilo evoca ao gusto indiano, que a finais do s. XIX acadou sona e prestixio entre a sociedade burguesa.