Construída no ano 1920, segundo Táboas Veleiro (1998) estamos diante dunha "edificación ecléctica pero na que os elementos decorativos propios do modernismo prevalecen. Hai que destacar o espazo que avanza sobre o corpo principal indicando o acceso á vivenda. Conformado por cristais nos que deseño de carpintería é excelente".