Muíños de Buchabade
Un total de tres muíños de canle rehabilitados que se sitúan nas proximidades do Regato da Goleta, un hidrónimo de orixe arábiga co significado de “boca do río” e relacionado co latín gula (“garganta”) segundo Nicandro Ares (2013). De arriba a baixo reciben o nome de Muíño do Covelo, da Volta e do Alto respectivamente.