Almiñas de Rebordelo
Estas almiñas sitúanse ao pé da Cruz da Carrola, e comparten localización desde 1963. Trátase dun peto de granito gris de corpo rectangular. “A repisa, achafranada, sostén tres nichos. Os dous laterais teñen a porta cadrada e lintel semicircular con tellado curvo. Están coroadas por unha cruz de sección cadrada no comezo, coas arestas rebaixadas case ata os estremos dos brazos e testeiro, que rematan nunha flor plana de catro pétalos” (Sánchez Cora, e Martínez Plasencia; 1990). Os nichos laterais usábanse para depositar as ofrendas de millo e patacas. O retablo, labrado en pedra, aparece presidida por unha imaxe de San Francisco ou San Antonio, cunha anatomía desproporcionada. Coas súas mans colle as de dúas ánimas, entre as que non está a dun crego con bonete que se sitúa aos seus pés.