Capela de Cristo Rei
Estamos diante dunha rara ermida de planta cadrada que foi construída no ano 1895, sen ben foi ampliada a mediados do século XX. O corpo superior está rematado cunha balaustrada. Coroa o conxunto unha imaxe pétrea dun Cristo barbado e ríxido, labrado de xeito frontalista, que abre o seu manto coas dúas mans para mostrar o seu corazón rodeado por unha coroa de espiñas. O interior da capela acolle un pequeno retablo coa mesma imaxe do Redentor, pero nun estilo máis moderno. Uns 35 m ao suroeste da ermida, unha grande cruz labrada en granito que data do século XX. Presenta sección cadrada. A cruz sitúase sobre un afloramento granítico natural desde o que se ve a Ría de Vigo. No punto desde o que se divisa o val do río Verdugo aparece unha inscrición.