Carballeira de Vilarchán
Esta carballeira, tamén coñecida como O Campo dos Remedios, acolle palco da música labrados nunha pedra coñecida como « granito á de mosca », nome que reciben polos grandes cristais de biotita que destacan na masa abrancazada de cuarzo feldespática. Ao pé da estrada érguese tamén un cruceiro, un alatorio de un pozo. O primeiro loce unha columna grosa de sección octogonal que remata nun capitel de forma cúbica decorado nas súas catro caras con facianas de anxo con ás; nos esquinais volutas. Sobre a cruz un Cristo con pano púdico, cabeza ladeada e media melena decorada nunha coroa de espiñas; coas mans perforadas por cravos, aínda é quen de bendicir. No reverso unha Virxe en actitude de oración cuberta por un manto moi pregado de pés a cabeza. Á beira do cruceiro unha construción de planta rectangular levantada integramente de pedra –incluso o tellado– que recibe o nome de “alatorio”, segundo Sánchez Cora e Martínez Plasencia (1990). Pechado por unha reixa artística, acolle no seu interior un azulexo pintado coa imaxe da Virxe dos Remedios e un pousadoiro para deixar esta imaxe o día da festa.