Calvario dos Cruceiros
Tres cruces de finais do século XVIII. A cruz máis alta posúe un pedestal circular. Os brazos e o testeiro da cruz acaban en rectángulo. O Cristo aparece totalmente pegado ao varal; a súa figura, de factura rústica, preséntase moi desgastada. Amosa a cabeza reclinada, longa melena e coroa, coas costelas ben marcadas. O pano púdico átase cun único nó lateral. Os brazos apenas soportan o peso do corpo, tendo as mans suxeitas cun grande pano cravo central.
Aos pés do Cristo, na parte inferior da cruz, pode verse un rombo en relevo cos estremos rematados en flor de lis. Dentro, unha cruz grega tamén flordelisada. Debaixo deste adobío figura esta lenda:
AQUÍ / MUR / IOEL / RED / ENT / ORD / LAVI / DA
Un antigo viacrucis rodeaba o igrexario da freguesía de Santo Andrés de Anceu. A meirande parte das cruces situábanse neste alargo, que hoxe a aparece dividido pola estrada. A maioría dos cruceiros e cruces de feitura popular carecen de datación e autor coñecido.