Muíño da Fonte Quente
Muíño de cubo cilíndrico de grandes aneis en pedra de granito cuxa altura supera levemente a do edificio do muíño. O cubo está abastecido por unha canle elevada feita por tramos dunha peza en cantaría que salva o desnivel do terreo ata o cubo grazas a un piar de cachotaría. Antes, a canle sostense sobre un muro do mesmo material que conecta coa levada. A escasos metros hai uns pasos formado por tres grandes penedos en forma de paralelepípedo que permiten salvar o Rego da Parafita. Os muros do muíño son de cantaría irregular. Rematadas nun tellado a unha auga con sobrepenas. Unha soa porta metálica como único oco no muro agás a boca do inferno. Coincidindo coa construción do parque empresarial foi restaurado, dotándoo dun novo tellado, aparello no tremiñado, rodicio de fundición e cintado dos muros con cemento.