Casa de Lino Bouzas
"Non fai falta máis que unha galería como a que presenta esta austera edificación en planta rectangular e de cuberta a dúas augas para convertela nunha vivenda de grande interese. Elaborada en ferro forxado, presenta claras reminiscencias cos traballos en ferro e cristal propios do modernismo". (Táboas Veleiro; 1998)