Ponte de Caldelas
Ponte do século XVI construída a base de perpiaño granítico sobre o río Verdugo. Posúe catro arcos de medio punto e tres tallamares que non completan o alzado da construción. A súa anchura foi ampliada en distintas ocasións augas abaixo, o que alterou de forma significativa a tipoloxía orixinal do monumento. Nesta ponte librouse unha batalla histórica contra as tropas francesas durante a Guerra de Independencia de 1809.