Casa de José Barreiro
Segundo Táboas Veleiro (1998) estamos diante dun inmoble "cuxo alzado frontal se abre en catro ocos, tanto no nivel inferior como no superior. As aperturas do segundo andar en forma de balcóns apoiados en pequenos canzorros, cun remate a modo de balaustrada ornamentada con cruces de Malta e que ten unha grande importancia no conxunto. Destaca así mesmo o frontón retrasado da liña de fachada cuxo friso en cantaría aparece moldurado na súa parte superior."