ADMINISTRACIÓN

O Concello de Ponte Caldelas recibe unha axuda de 43.553,40 euros do IDAE para a adquisición dun vehículo eléctrico para o parque móvil municipal

O Concello de Ponte Caldelas vén de recibir unha subvención do «Programa DUS 5000. Ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico» que se enmarca no «Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU» para a adquisición dun vehículo eléctrico para ampliar o parque móvil municipal.
Co obxectivo de renovar a flota de vehículos municipais, o Concello de Ponte Caldelas adquiriu un vehículo marca Peugeot, modelo e-traveller active eléctrico de 100kw. O custo total do vehículo foron 56.469,22 euros, dos cales 43.553,41 foron subvencionados a través do programa Programa DUS 5000. Ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico» que se enmarca no «Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU e 12.915,81 foron aportados polo Concello de Ponte Caldelas.

Objetivo de Programa DUS 5000

El objetivo del PROGRAMA DUS 5000 es dar un impulso al Desarrollo Urbano Sostenible, en los municipios de reto demográfico, mediante actuaciones que constituyan proyectos singulares de energía limpia como por ejemplo proyectos de eficiencia energética en edificios e infraestructuras públicas, de fomento de las inversiones verdes y, en particular, del autoconsumo, así como de movilidad sostenible, facilitando el cambio modal y garantizando la participación de los municipios en el despliegue de la infraestructura de recarga e impulso del vehículo eléctrico, incluyendo medidas de ahorro energético y reducción de la contaminación lumínica mediante la mejora de la iluminación pública.  

Agader subvencionou con 53.539 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 53.539 euros para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, que conta coa . 26.083,13 foron outorgados para a anualidade de 2024 e 27.455,87 euros corresponden a anualidade de 2025. O proxecto finánciase a través de Fondos da Unión Europea:  Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 94.263,85 euros con cargo ao Plan Concello 2022-2023, polo remanente da anualidade 2023

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan de Obras e Servizo Plan Concellos 2022-2023, con cargo ao remanente da Anualidade 2023-, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención, por importe de 94.263,85 euros para a execución de obras de mellora do camiño de Mirón a Contixe no termo municipal de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 86.722,74 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 4.241,88 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 3.299,23 euros.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 241.625,02 euros con cargo ao Plan Máis Provincia 2024

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 241.625,02 euros para a execución de obras de mellora e reforma de oito camiños e rúas municipais de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 224.711,28 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 9.664,99 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 7.248,75 euros.

Nº expediente IDAE: PR-D5000-2021-000149

Acceso al medidor de energía térmica

Nº expediente IDAE: PR-D5000-2021-001859


PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.