
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 2.100 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a adquisición de material informático inventariable para a Oficina de Información Xuvenil (Omix), ubicada na Casa da Cultura de Ponte Caldelas, ao abeiro do programa O Teu Espazo Xuvenil 2024 da Deputación de Pontevedra.
Coa subvención, o Concello de Ponte Caldelas adquiriu unha impresora de tarxetas e unha pantalla interactiva. O importe total das actuacións ascendeu a 3.040,73 euros.

