A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 10.938,48 euros para as Obras de Mellora do firme do camiño de Regodobargo (Ponte Caldelas), ao abeiro dos remanentes da Liña 1 do Plan de obras e servizos (Plan + provincia) 2024.
A Deputación de Pontevedra concedeu ao concello de Ponte Caldelas unha subvención, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, por reinvestimento de baixa por importe de 20.183,11 euros co obxecto do financiamento do investimento “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA CASA DA CULTURA DE PONTE CALDELAS” cuxo orzamento total ascende a 160.672,93 euros.
A axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está destinada á adquisición de equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
O Concello de Ponte Caldelas realiza unha inversión de 6.767,53 euros na Biblioteca Municipal de Ponte Caldelas con cargo á subvenión para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, na convocatoria para o ano 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
A administración autonómica aporta 3.300 para renovar o equipamento da Biblioteca, que neste ano 2025 contempla novos armarios, cadeiras infantís, percheiros, papeleiras e unha mesa para ordenador portátil. A achega de fondos propios por parte do Concello ascende a 3.467,53 euros.
A Consellería do Medio Rural e o Concello de Ponte Caldelas asinaron un convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027 O orzamento total ascende a 16.100 euros, dos que 12.880 euros apórtanse a través da axuda pública. A través deste convenio, o Concello de Ponte Caldelas realiza traballos preventivos a través da roza mecanizada de 23 hectáreas co obxectivo de realizar unha correcta prevención dos incendios forestais.
A actividade foi obxecto dunha subvención de Dinaminación da Lingua Galega da Deputación de Pontevedra recibindo un importe de 2.800,53 euros
O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha durante o mes de setembro unha nova edición do programa «A Hora dos Nenos», unha actividade lúdico-educativa interxeracional que pretende dinamizar o rural do concello e que comezou a súa andadura no ano 2020.
Este ano, a actividade contou cunha subvención de 2.800,53 euros da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria do ano 2025 das subvencións de Dinaminación da Lingua Galega.
Nesta ocasión, a famosa bandoleira Pepa a Loba, interpretada por Cris Collazo de A Cova das Letras, realizou dez sesións nos lugares de Silvoso, Caritel, Laxoso, Tourón, Taboadelo, Xustáns, A Reigosa, Vilarchán, Chaín e Ponte Caldelas.
CONVENIO ENTRE A AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTECALDELAS PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO CORRESPONDENTE Á ZONA TERMAL EPARQUE DO “PARQUE TERMAL DE PONTE CALDELAS” NO MARCO DO PLAN DERECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓNEUROPEA-NEXTGENERATIONEU
Sinatura do Convenio: 17/12/2025
Resolución autorización da modificación das actuacións do Convenio: 29/06/2026