ADMINISTRACIÓN

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención de 15.137,10 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a redacción do proxecto de «Recuperación peonil dos espazos entre a Praza de España e Praza de Frei Antonio Orge»

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto de recuperación peonil dos espazos entre as prazas de España e Frei Antonio Orge.

A través do Plan Ágora, a Deputación outorgoulle ao Concello unha axuda a través do Eixe 1 (redacción de proxectos). A redacción do proxecto de recuperación peonil dos espazos entre as prazas de España e Frei Antonio Orge custou 16.819 euros, dos que a Deputación de Pontevedra subvencionou 15.137,10 euros, o 90% do custo do proxecto, e o Concello de Ponte Caldelas asumiu 1.681,90 euros.

2º CONCURSO ‘PORTAS DE NADAL’ PONTE CALDELAS 2023

BASES:

1.- PARTICIPANTES: Poderán participar as portas de vivendas existentes no termo municipal de Ponte Caldelas. Os/as solicitantes deberán de figurar como alta no Padrón Municipal de Habitantes.

2.- PRAZO DE EXPOSICIÓN: O prazo de exposición das portas participantes será o comprendido entre o 24/12/2023 e o 06/01/2024.

3.- PRAZO E FORMA DE SOLICITUDE: O prazo de envío das fotografías das portas participantes rematará o 29/12/2023, ás 14.00 horas. Para participar deberán de enviar a fotografía ó email portasdenadal@pontecaldelas.gal . Deberá de vir acompañada dos datos do/a participante (nome, apelidos, DNI, domicilio no concello, teléfono). Unha vez recibida a fotografía e comprobados os datos seralle enviado un correo de confirmación de participación no Concurso.

4.- TEMA: O tema para desenvolver será alegórico ao Nadal. Descartaranse aquelas imaxes que resulten ofensivas, abusivas… ou que teñan contido publicitario. 

5.- PREMIOS: establécense os seguintes premios:
1º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 250
2º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 200 €
3º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 150 €

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN: As imaxes recibidas subiranse ó Facebook de Alcaldía e a ’Turismo Ponte Caldelas’ o 29/12/2023 e competirán entre si por un “ME GUSTA” que reflectirá os/as gañadores do Concurso. O período de votación abranguerá ata o 02/01/2024 ás 14:00 horas. En caso de empate entre dúas ou máis fotografías procederase a desempatar mediante sorteo.

7.- ENTREGA DE PREMIOS: os premios serán entregados nos domicilios premiados facéndose unha foto do acto que será publicado nas redes sociais de Alcaldía, Turismo Ponte Caldelas, medios de comunicación, etc.
8.- A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases, así como as decisións tomadas por parte do Concello de Ponte Caldelas, podendo quedar excluído todo aquel participante que as incumpra.

9.- A participación no Concurso exime de toda responsabilidade á organización a cargo do Concello de Ponte Caldelas así como de calquera tipo de indemnización que poida considerarse por motivo da suspensión ou calquera outra circunstancia relacionada co Concurso.

10.- O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de interpretación das presentes Bases.

A Deputación de Pontevedra colaborou co Concello de Ponte Caldelas no gasto corrente derivado da prestación de servizo municipais

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 2 do Plan Concellos – Gasto Corrente derivado da prestación de servizos municipais do Plan Concellos 2023, colaborou co Concello de Ponte Caldelas cunha  subvención, por importe de 55.898,44 euros para a Recollida, transporte e xestíón de residuos sólidos urbáns e xestión do Punto Limpo. Empregouse para o pago das facturas correspondentes aos meses de maio e xuño de 2023 do Contrato de recollida, transporte e xestión de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo municipal, cuxa  cifra ascende a 67.011,86 euros.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.