ADMINISTRACIÓN

Chega o calendario máis fermoso: o do Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas xa comezou o reparto do calendario 2023, o almanaque máis agardado polo veciños do municipio que se reparte porta a porta e é totalmente gratuito. Un ano máis está composto por imaxes do municipio e, seguindo a estética do ano pasado, o almanaque é a toda cor e incorpora refráns en cada un dos doce meses do ano. Como novidade incorpora un apartado de ‘Notas’. 

“Queremos que o 2023 veña cargado de enerxía, de positividade e de moita cor. Vai gustar moito porque ver o noso patrimonio e os lugares emblemáticos do concello dende o aire é espectacular”, asegura o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que lembra que neste calendario se incorporan todas as feiras de Ponte Caldelas, as festas de cada un dos lugares do municipio e tamén os eventos que se organizan a nivel municipal. 

O calendario entregarase porta a porta en todas as vivendas do concello e tamén se distribuirá nos comercios e locais de hostalería da vila. No Consistorio haberá tamén exemplares para que poidan recoller aquelas persoas que desexen facerse cun almanaque que, un ano máis, logra aunar a esencia de Ponte Caldelas nos doce meses do ano.

O almanaque recibiu unha subvención 2.080,36 euros da Deputación de Pontevedra, dentro da convocatoria do ano 2022, para a dinamización da lingua galega

Nesta ocasión, protagonizan o calendario
xaneiro: Capela de San Vicente – Parada
febreiro: Igrexa da Inmacula Concepción – Silvoso
marzo: Palco da Música – Vilarchán
abril: Vista área – Gradín
maio: Capela de San Xoan – Laxoso
xuño: Ponte sobre o Río Verdugo – Ponte Caldelas
xullo: Igrexa de San Fiz – Forzáns
agosto: Capela de San Miguel – Contixe
setembro: Capela do Casteliño – Ponte Caldelas
outubro: Pedra do Cervo – Cuñas
novembro: Danza Celta na Igrexa de San Andrés – Anceu
decembro: Proxecto da Estación Termal de Ponte Caldelas

1º CONCURSO PORTAS DE NADAL 2022 PONTE CALDELAS

O Concello de Ponte Caldelas convoca o primeiro concurso de Portas de Nadal en Ponte Caldelas 

BASES:

1.- PARTICIPANTES: Poderán participar as portas de vivendas existentes no termo municipal de Ponte Caldelas. Os/as solicitantes deberán de figurar como alta no Padrón Municipal de Habitantes.

2.- PRAZO DE EXPOSICIÓN: O prazo de exposición das portas participantes será o comprendido entre o 24/12/2022 e o 06/01/2023.

3.- PRAZO E FORMA DE SOLICITUDE: O prazo de envío das fotografías das portas participantes rematará o 30/12/2022, ás 14.00 horas. Para participar deberán de enviar a fotografía ó email portasdenadal@pontecaldelas.gal . Deberá de vir acompañada dos datos do/a participante (nome, apelidos, DNI, domicilio no concello, teléfono). Unha vez recibida a fotografía e comprobados os datos seralle enviado un correo de confirmación de participación no Concurso.

4.- TEMA: O tema para desenvolver será alegórico ao Nadal. Descartaranse aquelas imaxes que resulten ofensivas, abusivas.. ou que teñan contido publicitario. 

5.- PREMIOS: establécense os seguintes premios:

          1º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 250 €

          2º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 200 €

          3º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 150 €

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN: As imaxes recibidas subiranse ó Facebook de Alcaldía o 30/12/2022 e competirán entre si por un “ME GUSTA” que reflectirá os/as gañadores do Concurso. O período de votación abranguerá ata o 02/01/2023 ás 14:00 horas. En caso de empate entre dúas ou máis fotografías procederase a desempatar mediante sorteo.

7.- ENTREGA DE PREMIOS: os premios serán entregados nos domicilios premiados facéndose unha foto do acto que será publicado nas redes sociais de Alcaldía, medios de comunicación, etc.
8.- A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases, así como as decisións tomadas por parte do Concello de Ponte Caldelas, podendo quedar excluído todo aquel participante que as incumpra.

9.- A participación no Concurso exime de toda responsabilidade á organización a cargo do Concello de Ponte Caldelas así como de calquera tipo de indemnización que poida considerarse por motivo da suspensión ou calquera outra circunstancia relacionada co Concurso.

10.- O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de interpretación das presentes Bases.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.