Museo Encantado chega a Ponte Caldelas da man do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra

O Museo Encantado chega a Ponte Caldelas o sábado 16 de agosto da man do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra
É un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e gozar dun xeito diferente.
Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.
– Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.
– Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través dun vello teléfono.
– Un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través dunha pantalla.
– Un antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debese, a quen lle regalarei unha confesión que nunca pensamos que fariamos.

Entre cada instalación máxica poderemos gozar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir gozando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.