Agader subvencionou con 53.539 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 53.539 euros para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. 26.083,13 foron outorgados para a anualidade de 2024 e 27.455,87 euros corresponden a anualidade de 2025.

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.