Festas

FESTA DA TROITA

Esta festa celébrase o último domingo do mes de maio e é a máis popular de Ponte Caldelas. Naceu no ano 1.967 como iniciativa dun grupo de amigos para que, á vez que se promocionaba o Concello, se daba saída a unha afección moi compartida na comarca como é a pesca de río. Así celébrase a última fin de semana do mes de maio e, xunto coas diversas celebracións lúdico-festivas, lévase a cabo un Concurso de Pesca Internacional na modalidade de salmónidos.

HISTORIA

No ano 1.967, o último domingo do mes de maio, botaba a andar a "Festa da Troita" de Ponte Caldelas, destacando a gastronomía e o Concurso Internacional de Pesca modalidade de salmónidos. A festa nace pola iniciativa dun grupo de amigos afeccionados á pesca (Rafael López, Luis Blanco, Enrique Puga e Luciano Martínez, alcalde daquela época), vendo que había gran afluencia de troitas nos ríos que atravesan el termo municipal, ó mesmo tempo que promocionaban a vila.

Actos e acontecementos destacados

A festa nace coa particularidade da edición do por todos coñecido "Libro da Festa da Troita" no que se recollen os programas de festexos, o regulamento do concurso de pesca, os acontecementos máis destacados da vida do municipio (a construcción do Colexio Público, a Capela do Casteliño, opinións políticas, a estrada a Pontevedra, o Instituto de Educación Secundaria...) así como aportacións da vida cultural galega que iremos recopilando ó longo deste apartado. Por todo elo estes exemplares supoñen para tódolos habitantes de Ponte Caldelas o recordo ó longo do tempo de todo aquilo que foron e foi a súa vila e o camiño que recorreu ata os nosos días.

Un segundo denominador común de todas e cada unha das edicións da festa é a celebración do Concurso Internacional de Pesca que é coñecido polos afeccionados a este deporte de toda Galicia e incluso Portugal, e que en consecuencia aglutina a grande cantidade de pescadores que agardan cada ano tan ansiada cita.

COLABORACIÓNS

En canto ás colaboracións podemos destaca-las siguintes:
No primeiro número de 1.967 aparece un artigo titulado "Laude de la Trucha" asinado por Álvaro Cunqueiro. Neste mesmo número aparece outra colaboración titulada "Quodlibet de la Trucha" do historiador José Filgueira Valverde. Outra colaboración de Cunqueiro ó ano siguinte con "La trucha en Puente Caldelas" e repite Filgueira Valverde coa continuación do artigo do ano anterior. Reaparición de Cunqueiro con "A la trucha, en Puente Caldelas" en 1.970 e que continuará ó ano siguinte con "De nuevo en Ponte Caldelas". Destacable é o artigo, outra vez de Cunqueiro, en 1.972 "Troitas en Ponte Caldelas" que xa escribe en galego e non como os anteriores que o fai en castelán. En 1.976 destacan unha exhibición de Taekwondo e a organización dun concurso de fotografía. En 1.977 aparece outro ilustre das letras galegas, Celso Emilio Ferreiro con "O Pescador de Cana". En 1.987 o falecido cineasta galego Chano Piñeiro asina un artigo sobre o teatro na vila. En 1.991 celébrase unha exposición filatélica na que se inaugura un mataselos especial conmemorativo da Fiesta da Troita.
Como pode verse ó longo de todo este percorrido a "Festa da Troita" de Ponte Caldelas espertou desde os seus comezo a admiración e a curiosidade non só dos habitantes do Concello, senón tamén dos literatos, pensadores, personaxes políticos e demais adiantados da época. Tratábase de algo novedoso para aquel tempo e da misma forma responderon estas personaxes.

A festa na actualidade

O Concurso Internacional de Pesca, modalidade de salmónidos, continúa, xunto co libro do que xa falamos, como punto aglutinador das moitas edicións da "Festa da Troita" que se levaron a cabo.

O Concurso desenvólvese durante tres días nos que se fan competicións de tódalas modalidades e categorías. Os pescadores, chegados de toda Galicia, aproveitan as boas augas do río Verdugo ó seu paso pola vila para competir polos preciados trofeos (donados polas diferentes administracións públicas así como polos diferentes locais comerciais do Concello).

A organización corre a cargo da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo de Ponte Caldelas co asesoramento da Federación Galega deste deporte. Proba da magnitude do evento, é que todas e cada unha das sociedades de pesca existente na nosa Comunidade Autónoma son invitadas a participar na competición, dándoselle toda clase de facilidades para que poidan acudir á ansiada cita respondendo as mesmas de forma moi positiva. Outra proba desta magnitude é que no ano 1.973 ese Concurso foi valedeiro para o Campionato de España da especialidade.

Outro aspecto importante deste concurso é o lugar idóneo no que se celebra: lévase a cabo no paseo fluvial (de gran beleza paisaxística) que une a Praia Fluvial da Calzada coa mesma vila. Gracias a esta accesibilidade os afeccionados a este deporte chegados de toda a xeografía autonómica, poden ver in situ as evolucións dos participantes no Concurso. Trátase, claro está, dun aspecto moi aproveitado tanto para afeccionados como para a prensa.

En cuanto ó que á gastronomía se refire, se pode degustar a troita en tódalas suas formas de preparación, estando a disposición dos visitantes en tódolos restaurantes da vila xa durante os días anteriores e posteriores á data da festa.

Agora ben, desde que en 1.993 se prohibira a comercialización da troita de río, os hosteleiros tiveron que recurrir ós exemplares criados en piscifactoría, experimentando un leve descenso na súa petición. Nembargantes a organización, para paliar e recuperar este descenso, soubo sacar adiante outras iniciativas como é a degustación popular de troitas. Asimesmo os responsables dos establecementos hoteleiros souberon estar á altura das circunstancias con outras especialidades culinarias como o cabrito, a caza (perdiz e coello), etc que se poden degustar á par das troitas nestas datas.

A degustación popular de troitas require unha atención especial. Vense celebrando durante os últimos anos e xa adquiriu un importante éxito de participación. Nela tódolos hosteleiros da vila exhiben as súas especialidades que son preparadas diante da atenta mirada de todos aqueles que se achegan ó evento e que poderán probar o manxar acompañado dos excelentes viños que se poden atopar na nosa xeografía. Con todo elo preténdese que a "Festa da Troita" sexa cada vez máis por e para o pobo.

A degustación lévase a cabo na Alameda de Ponte Caldelas, lugar próximo ó río (50 m.), e que serve como escaparate destas festas por diversos motivos: celébrase o sábado pola tarde en horario que coincide co final do concurso de pesca, polo que o citado recinto serve de lugar de reunión de pescadores, afeccionados, turistas e prensa (diarios de tirada autonómica, emisoras de radio, TVG e televisións locais, ...) dando unha magnitude moi importante a este evento.

Asimesmo outras iniciativas veñen a completar a oferta cultural e deportiva durante os días de celebración. Referímonos ó torneo de fútbol base que organiza a Escola de Fútbol de Ponte Caldelas e que en algunhas edicións adquiriu carácter internacional. Destacado o papel que supoñen as exposicións que cada ano se suceden no Salón de Exposicións do Centro Cultural, onde presentaron as súas obras artistas de renome como Carlos García Mourón ou o pintor belga presente na Guía Europea de Belas Artes, Yvan Descamps.

Noutro campo da actividade cultural, atópanse os encontros polifónicos organizados nestas datas pola Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas, anfitriona de tal evento, e na que participan outras masas corais da provincia. Amén de todo elo atópanse as clásicas e populares verbenas que alegran a vila con distintos pasarúas e actuacións para tódolos públicos.

Tratamento aparte requiren a entrega de trofeos do Concurso de Pesca: nel reúnense numerosas autoridades do entorno autonómico que participan nesta entrega, así como os vencedores, participantes, afeccionados e prensa que participan na mañá do domingo do punto e final de tan singular concurso. Vólvese a encher a alameda de Ponte Caldelas con xentes de toda Galicia.

Como colofón destes actos está o banquete oficial, lugar de reunión das autoridades, organizadores, participantes no concurso de pesca e afeccionados que así o desexen. Celébrase no marco incomparable do Hostal El Verdugo (situado a orillas do mesmo río) e que fora o antigo "Balneario de Ponte Caldelas". Concluindo, poderiamos dicir que nos atopamos cunha festa que aglutina á perfección o aspecto cultural, folclórico, de ocio e gastronómico que toda celebración deste tipo debe ter.

AFLUENCIA DE VISITANTES

Do recorrido que xa levamos feito da "Festa da Troita" de Ponte Caldelas despréndese o seu carácter popular e a aposta da organización (o Concello de Ponte Caldelas) por chegar a tódolos públicos, se ben desde os seus inicios xa cumpriu este obxetivo. Por esta razón e por tratarse dunha festa de grande tradición a nivel autonómico, a afluencia de visitantes que responde á atractiva oferta da mesma, é sumamente notable ó longo dos tres días que duran os festexos.

En canto ás infraestructuras para a súa acollida remitímonos a páxinas anteriores desta memoria nas que se describen as diferentes posibilidades de aloxamiento (hoteis e turismo rural), diversión (locais de ocio, oferta cultural e deportiva, comida (restaurantes), práctica deportiva (campos de fútbol, pabillón polideportivo, pista de tenis, ...), cultural (Centro Cultural, Instituto de Educación Secundaria, Centros de Educación Infantil e Primaria,...) co que todo visitante se poderá encontrar.

Material promocional

Como material promocional máis destacado atópase o "Libro da Festa da Troita" da edición correspondente e ó que, por formar parte da mesma idiosincrasia da festa, todo o mundo se dirixe para ver a oferta de todo tipo da que poderán disfrutar.

Nel e como manda a tradición, poderanse atopar o programa de festexos e demais actividades lúdico, culturais e deportivas, así como aqueles temas de actualidade que afecten o desenrolo do municipio, servindo así de "líña do tempo" dos acontecementos máis destacados do devir de Ponte Caldelas.
Desde o Concello de Ponte Caldelas como organizador do evento faise chegar estes programas e carteis a todas aquelas entidades que poidan dar saída á información que conteñen: Son repartidos por tódolos lugares do municipio e dos municipios adxacentes. Envíanse ós medios de comunicación, tanto prensa escrita como radio e televisión, para que poidan ter salida nestes campos (con resposta moi positiva por parte destes).

Distribúense vía postal ós demais Concellos da Comunidade Autónoma así como ás Oficinas de Información Xuvenil dos mesmos. Mandanse ás Oficinas de Turismo e a todas aquelas entidades que poidan axudar á promoción da festa.

Accións do Concello para a dignificación, mantemento e promoción da festa.

Desde a súa fundación, o Concello de Ponte Caldelas erigiuse como o máximo organizador, promotor e mantenedor da "Festa da Troita", incluindo dende o aspecto económico ata a organización e contratación dos diversos actos, actuacións e verbenas que na mesma se levan a cabo. É polo tanto que o Concello de Ponte Caldelas soporta o peso desta festa de maneira que se podería afirmar sen dúbida que sen a súa actuación a festa non houbese perdurado ó longo dos seus xa trinta tres anos de existencia.

Asimesmo este Concello continuará con este papel de soporte da festa debido a que a través dela foise conformando a idiosincrasia mesma da vila e dos seus veciños que cada ano esperan a chegada desas datas para volver a disfrutar dos momentos en que esta festa supón unha unión entre o pasado e o futuro, desde aquel ano 1.967 ata...

FESTA DA BATALLA DE PONTE CALDELAS

Dende agosto do ano 2009, con motivo dos actos do bicentenario da Guerra de Independencias celébrase na Festa da Batalla de Ponte Caldelas, co fin de conmemorar o feito histórico sucedido o 7 de xullo de 1809 cando un grupo de campesiños e fidalgos acaudillados por Francisco Oubiña, señor do Pazo do Coto de Forzáns lle plantou cara a unha brigada de infantaría lixeira e de cabalaría mandada polo xeneral Ney, río arriba buscando un paso polo río Verdugo para poder atacar pola retagarda ás tropas españolas que estaban a defender Ponte Sampaio fronte ás hostes de Napoleón.

A acción heroica deses campesiños sen formación militar e a axuda dos míticos "canóns de pau" e a sorte emboscada tras a espesa néboa existente ese día botaron a perder cos plans do estratego francés e permitiu que a resistencia española en Ponte Sampaio non fose sorprendida pola retagarda.

Dende o 2009 o Concello de Ponte Caldelas en colaboración coas asociacións do municipio recrean esa importante efemérides a través da simulación dunha batalla na que participan unhas 200 persoas ataviadas con roupas de época imitando as Alarmas de Ponte Caldelas e uniformadas cos vistosos traxes do exército de Napoleón.

Simultáneamente un amplo programa de actividades, desenvolvido o fin de semana anterior ás Festas das Dores (terceiro fin de semana de agosto) entre as que destaca a Feira Antiga do Camiño dous Arrieiros, convértense en cita obrigada para veciños e visitantes que durante esta época estival abarrotan as rúas e a Alameda de Ponte Caldelas.

Nesta recreación teatralizada participan veciños dos distintos lugares do municipio, especialmente da parroquia de Forzáns, que escenifican cada ano, cun guión diferente e orixinal, a loita que mantivo o pobo galego contra as tropas de Napoleón para gañar a súa independencia da opresión que representaba no aquel momento o exército francés.

A participación cidadá nesta festa cada vez é maior vestíndose o público con roupas de época e realizando "xantares populares" nas beiras do río Verdugo ofrecendo a vila un aspecto pintoresco e colorista que a fai retroceder no tempo ao século XIX.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.