A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Obras e Servizos – Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 61.209,62 euros para a mellora de tres camiños municipais nos lugares de Chaín e Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 57.035,12 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 2.178 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 1996,50 euros.
