A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 241.625,02 euros con cargo ao Plan Máis Provincia 2024

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 241.625,02 euros para a execución de obras de mellora e reforma de oito camiños e rúas municipais de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 224.711,28 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 9.664,99 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 7.248,75 euros.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.