A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 9.143,19 euros para a obra da mellora da drenaxe e o firme do camiño de Regodobargo, en Ponte Caldelas
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 53.539 euros para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, que conta coa . 26.083,13 foron outorgados para a anualidade de 2024 e 27.455,87 euros corresponden a anualidade de 2025. O proxecto finánciase a través de Fondos da Unión Europea: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER)
O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.
A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan de Obras e Servizo Plan Concellos 2022-2023, con cargo ao remanente da Anualidade 2023-, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención, por importe de 94.263,85 euros para a execución de obras de mellora do camiño de Mirón a Contixe no termo municipal de Ponte Caldelas. O custe dos traballos foi de 86.722,74 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 4.241,88 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 3.299,23 euros.
A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 241.625,02 euros para a execución de obras de mellora e reforma de oito camiños e rúas municipais de Ponte Caldelas. O custe dos traballos foi de 224.711,28 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 9.664,99 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 7.248,75 euros.
A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Obras e Servizos – Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 61.209,62 euros para a mellora de tres camiños municipais nos lugares de Chaín e Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas. O custe dos traballos foi de 57.035,12 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 2.178 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 1996,50 euros.
A Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención de 13.631,36 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a rehabilitación unha infravivenda. O Concello solicitou esta axuda en base á Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de Infravivenda, empregando o procedemento: VI406A. Segundo a resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación (códigos de procedemento VI422F e VI406A) foi concedida a subvención do 95% do orzamento protexido, ascendo a axuda a 13.631,3 euros, sobre un orzamento total de 14.348,80 euros.
CONVENIO ENTRE A AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTECALDELAS PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO CORRESPONDENTE Á ZONA TERMAL EPARQUE DO “PARQUE TERMAL DE PONTE CALDELAS” NO MARCO DO PLAN DERECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓNEUROPEA-NEXTGENERATIONEU
Sinatura do Convenio: 17/12/2025
Resolución autorización da modificación das actuacións do Convenio: 29/06/2026