ADMINISTRACIÓN

Agader subvencionou con 43.502 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 43.502,00 € para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 – Plan Marco. 14.787,15 foron outorgados para a anualidade de 2023 e 28.714,85 euros corresponden a anualidade de 2024. Pola súa banda, o Concello de Ponte Caldelas aportou 10.224,42 € de fondos propios entre as dúas anualidades, ascendendo a obra de Mellora do camiño de Regodobargo a un total de 53.726,42 euros.

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 53.831,95 euros con cargo á Liña 2 do Plan + Provincia

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 2- Pagamento de Débedas a Acreedores- do Plan de Obras e Servizos (Plan Máis Provincia) concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha  subvención, por importe de 53.831,95 euros para o pagamento das facturas dos meses de xullo e agosto de 2023 do servizo de Recollida, transporte e xestión de residuos sólidos urbáns e xestión do Punto Limpo, cuxo importe ascende as 72.819,86 euros.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.