Author: Concello de Ponte Caldelas

Agader subvencionou con 53.539 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 53.539 euros para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. 26.083,13 foron outorgados para a anualidade de 2024 e 27.455,87 euros corresponden a anualidade de 2025.

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 94.263,85 euros con cargo ao Plan Concello 2022-2023, polo remanente da anualidade 2023

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan de Obras e Servizo Plan Concellos 2022-2023, con cargo ao remanente da Anualidade 2023-, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención, por importe de 94.263,85 euros para a execución de obras de mellora do camiño de Mirón a Contixe no termo municipal de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 86.722,74 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 4.241,88 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 3.299,23 euros.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 241.625,02 euros con cargo ao Plan Máis Provincia 2024

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 241.625,02 euros para a execución de obras de mellora e reforma de oito camiños e rúas municipais de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 224.711,28 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 9.664,99 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 7.248,75 euros.

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 61.209,62 euros con cargo ao Plan Máis Provincia

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Obras e Servizos – Plan Máis Provincia 2024, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas cunha subvención, por importe de 61.209,62 euros para a mellora de tres camiños municipais nos lugares de Chaín e Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 57.035,12 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 2.178 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 1996,50 euros.

Subvención de 13.631,36 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a rehabilitación unha infravivenda

A Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención de 13.631,36 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a rehabilitación unha infravivenda. O Concello solicitou esta axuda en base á Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á
concesión das subvencións do Programa de Infravivenda, empregando o procedemento: VI406A. Segundo a resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de
subvencións para actuacións de rehabilitación (códigos de procedemento VI422F e VI406A) foi concedida a subvención do 95% do orzamento protexido, ascendo a axuda a 13.631,3 euros, sobre un orzamento total de 14.348,80 euros.

Subvención para actuación de rehabilitación de infravivenda

A Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención de 14.107,50 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a rehabilitación unha infravivenda. O Concello solicitou esta axuda en base á Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á
concesión das subvencións do Programa de Infravivenda, empregando o procedemento: VI406A. Segundo a resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de
subvencións para actuacións de rehabilitación (códigos de procedemento VI422F e VI406A) foi concedida a subvención do 95% do orzamento protexido, ascendo a axuda a 14.107,50€, sobre un orzamento total de 14.850,78 euros.

O rural dinamízase coa música de Sonsoles Penadique

A actividade foi obxecto dunha subvención de Dinaminación da Lingua Galega da Deputación de Pontevedra recibindo un importe de 2.132,63 euros

O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha durante o mes de setembro unha nova edición do programa A Hora dos Nenos, unha actividade lúdico-educativa interxeracional que pretende dinamizar o rural do concello e que comezou a súa andadura no ano 2020. Este ano, a actividade contou cunha subvención de 2.132,63 euros da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria do ano 2024.
Nesta ocasión Sonsoles Penadique deleitou á veciñanza de Ponte Caldelas coa música popular galega recollida na década dos 70 en Galicia por Dorothé Schubarth, a través da actividade ‘O chintófano de Dorothé’, ofrecendo un total de nove sesións nos lugares de Silvoso, Caritel, Insua, Tourón, Taboadelo, Xustáns, A Reigosa, Vilarchán e Ponte Caldelas.

Agader subvencionou con 43.502 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 43.502,00 € para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 – Plan Marco. 14.787,15 foron outorgados para a anualidade de 2023 e 28.714,85 euros corresponden a anualidade de 2024. Pola súa banda, o Concello de Ponte Caldelas aportou 10.224,42 € de fondos propios entre as dúas anualidades, ascendendo a obra de Mellora do camiño de Regodobargo a un total de 53.726,42 euros.

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.