ANCEU (Santo André)

POBLACIÓN: 279
LUGARES: Anceu, A Esfarrapada e Os Ramís.
FESTAS:
- Festa dos Dolores: Último domingo de setembro.
– Danzas Celtas: Un grupo de danzantes ataviados con sinxelos vestidos brancos executan unha danza tradicional de orixe celta.

A pequena Capela da Guadalupe, na parroquia de Anceu, é unha construcción de planta rectangular con tellado a dúas augas. Termina as esquinas do tellado con pináculos. Na fachada, a porta es adintelada e ten dous óculos laterais. Conta tamén cunha pequena espadaña proporcional ao campanario.

No arco esquerdo do interior depositouse a Patrona Virxe Guadalupe, tallada nunha soa peza, baixo a arcada que antes estaba no altar. Na metade da nave atópase outra arcada que leva a imaxe de Nosa Señora das Dolores.

O cruceiro é da época de 1771-76. O seu pedestal é casi cúbico e a columna de sección cadrada pasando a octogonal. A cruz é de sección cadrada con capitel corintio. Sobre o capitel ten unha columna coa imaxe de Cristo e da Virxen.

A capela está abierta ó público só en horas de culto.

De final do século XVIII, a igrexa parroquial de San Andrés de Anceu é unha construcción de pranta rectangular con tellado e nave central a dúas augas. Foi trasladada para incorporar a nave e ampliar a igrexa. En 1700 distinguense varias etapas onde se engaden a nave central con bóvedas de madeira e bóvedas de canón de medio punto e amplíase a fachada con frontón partido e a igrexa.

No interior, o ábside é rectangular e ten adosado a sacristía no lado esquerdo da cabeceira, engadida en 1640 por orde do bispo de Tui. A un lado das paredes podemos contemplar una imaxe da Virxe de Fátima, sobre un pedestal de pedra e ó otro lado unha imaxe de Santa Rita, sobre un pedestal de madeira.

O retablo gótico-flamígeo que cubre toda a frente do ábside, alberga na fornela superior unha imaxe do patrón San Andrés e na inferior, unha cruz. A fornela central está ocupada polo Sagrario e rematada por outra cruz do mesmo estilo. Nas fornelas laterais atópanse as imaxes da Virxe do Rosario e do Sagrado Corazón de Xesús e nos extremos das fornelas de menor tamaño ocupadas polas imxes da Virxe do Carmen e a Virxe da Inmaculada. Na ménsula e no extremo do retablo están as imaxes de San Bernardo e San Benito.

O presbiterio é de bóveda de pedra a catro augas. Na porta adintelada e a ambos lados ten pilastras adosadas. Xunto ó lado esquerdo conta cun corpo cadrado no que se atopa o campanario. A igrexa está aberta ó público só en horas de culto.

O Calvario do lugar dos Cruceiros, na parroquia de Anceu, conta con tres cruces de finais do século XVIII. A cruz mais alta posee un pedestal circular. Os brazos e o testeiro da cruz rematan en forma rectangular. O Cristo está totalmente pegado ó varal. A figura parece moi rústica e está desgastada.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.