A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo que atravesa a vila e o municipio cun mesto arboredo nas súas marxes e que ao seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas.
Hai que sinalar, ao longo da canle, distintos lugares especialmente característicos como son os pasos da Fraga e a praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.
«OS PASOS» son empleados para vadear o río, no camiño antigo Ponte Caldelas - A Lama.
COMO CHEGAR: Saíndo de Ponte Caldelas, dirección a A Cañiza, antes de Caritel hai un desvío á esquerda a "As Fragas" (de abaixo), un camiño que conduce ao "coto de Pesca" nos leva a "Os Pasos". No contorno podemos contemplar varios muíños, un deles incluso con vivenda na planta superior (seguindo o camiño a Lama), petos de ánimas, e unha impresionante paisaxe dominada polo río.
En xeral, todo o percorrido do río Verdugo é dunha gran beleza e recomendado para todo aquel que sexa aficionado as excursións en contacto coa natureza.
COMO CHEGAR: Inda que se atopa no lugar de A Roca, o seu acceso ten que facerse pola otra ribeira do río Verdugo. Saíndo de Ponte Cadelas cara Pontevedra collemos á esquerda por Cuñas e a uns 2 km atala central hidroeléctrica. Remontando o río (con dificultade) entre grandes peñascos chégase ás cataratas.
COMO CHEGAR:
- Viveiro de Pazos: Saíndo de Ponte Caldelas dirección a Cañiza (PO-255), cruce á dereit indicado, todo recto ata chegar a unha bifurcación, coller á dereita e todo recto.
- Carballeira de Caritel: PO-255 dirección a Cañiza, ao final de Caritel cruce á dereita. Viveiro "Pé da Múa": Dende Ponte Caldelas, en dirección a Caldelas, todo recto, pasando o desvío para o Casteliño, máis adiante pegado á estrada á dereita (desvío sen pavimentar).
- Cristo Rei: Na parroquia de Xustáns, no lugar de Baltar, hai indicacións para chegar.
O apartado etnográfico, podemos completalo cos sempre sorprendentes entornos naturais nos que se asentan os numerosos muíños de auga que se atopan ao largo do río e dos regatos.
COMO CHEGAR: Muiño "Darriba" en Taboadelo: Saíndo de Ponte Caldelas dirección a Pontevedra (Po-255), pasando Cuñas, cruce á esquerda indicando Parada, todo recto ata chegar a unha bifurcación, coller á dereita e todo recto. Está pasando a capela de San Vicente (escondida á dereita) , "ao final" dun camiño sen pavimentar a man esquerda da estrada.
O concello está muoi ben dotado de todo tipo de servizos, así como de parques, xardíns e unha alameda que garda un especial atractivo para ser visitada.