A INSUA (Santa Mariña)

POBLACIÓN: 1.209
LUGARES: Chaín, A Insua, Rebordelo, Regodobargo, Silvoso, A Roca e Covelo
FESTAS:
Romería da Virxe da Saúde celébrase o domingo seguinte a Semana Santa

Capela do século XVIII de Planta Basilical e de estilo barroco que carece de retablo.

Existe un cruceirosituado en fronte da capela dedicada a Santa Comba e unha plataforma de dous banzos. O pedestal deste é un madeiro de pirámide. Na cara frontal vese un oco dun peto e na que mira ao oeste hai unha inscrición. A sección da columna é cadrada, pasando a cilíndrica. O capitel imita o estilo corintio romano, cunha cara de tipo pelado en cada lateral, entre dúas volutas. Remata en cruz latina de sección cadrada que pasa a octogonal polo rebaixado das arestas ata o extremo dos brazos e testeiro, que regresan á sección orixinal.

A fin de semana seguinte ao domingo de Pascua celébrase a tradicional e multitudinaria romería na honra da Virxe da Saude.

Templo neoclásico. Ten o edificio, case planta de cruz grega, pois o brazo maior é da mesma lonxitude que a cabeceira e as dúas naves laterais son só lixeiramente máis curtas. Está construída enteiramente en muros de cadeirado.

O brazo maior e a cabeceira son dun só tramo, cubertos con bóveda de canón, arco triunfal e arco de acceso ao cruceiro iguais, de medio punto, sen baseas e capiteis en talón, cuarto de bocel e listel. Os brazos menores non teñen arcos de acceso, as bóvedas inícianse cun resalte directamente no cruceiro, bóvedas tamén de canón. Todas as bóvedas teñen a mesma altura.

O cruceiro cóbrese con bóvedas de crucería, que inicia os seus arcos en ménsulas de ángulo. Ao sur da cabeceira levántase unha sancristía con cubertas de bóveda de canón. O retable é Neoclásico, cuxa fornela central está ocupada pola imaxe da patroa Virxe Inmaculada Concepción do século XIX.

As bóvedas da nave maior e cabeceira arrancan de impostas en nacela e cuarto bocel; as naves laterais dunha imposta en simple filete.

A porta na fachada é rectangular, de lintel abovedado. Enriba ábrese unha fornela sobre unha ménsula e máis arriba unha ventá rectangular de dobre derramo. O piñón é triangular, con pináculo no extremo sur e torre no norte.

A cornixa é en todo o edificio de dous linteles superpostos e cuarto de bocel.

A torre é de corpo, con cornisón apoiado en friso de placas, cornisón en talón. É de planta cuadrangular, con catro vans rematados en arcos de medio punto, lisos, corpo que se remata noutro cornisón en gola, con catro pináculos nos ángulos. Remate en capulín pétreo con pináculo

A primitiva capela ten as sus orixes no século XIX sendo erixida baixo o patrocinio de San Antonio de Padua.

Na a actualidade está totalmente remodelada onde non se diferencia o templo antigo da nova edificación realizada polos anos 60-70.

A fachada rectangular dá paso a unha espadana de dous vans. O titular actual da capela é Santa Teresa de Jesús.

Na parte media da costa da capela encóntrase un cruceiro da época de 1988. Ten unha base de cemento feita para salvar o desnivel do terreo, cunha pedra labrada colocada no seu lado frontal. Presenta unha grosa e sinxela moldura arredor e un motivo floral en volutas, que enlazan unhas con outras, ocupando a maior parte da súa superficie. A plataforma, circular, é o antigo pé dun muíño. A columna é de sección cadrada. O capitel é prismático, liso e escuro. A cruz, de sección cadrada no comezo, ten as arestas matadas ata pouco antes do remate de brazos e testeiro. Decóranse cun pequeno rombo en baixorrelevo na parte central de ambos os dous lados

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.