
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 2.100 euros ao Concello de Ponte Caldelas ao abeiro do Programa “O teu espazo xuvenil”, mediante o cal se adquiriu material inventariable necesario para a Oficina Municipal de Información Xuvenil: unha impresora de carnés e unha pantalla interactiva.