
A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 – Investimentos do Plan de Obras e Servizo Plan Concellos 2022-2023, con cargo ao remanente da Anualidade 2023-, concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención, por importe de 94.263,85 euros para a execución de obras de mellora do camiño de Mirón a Contixe no termo municipal de Ponte Caldelas.
O custe dos traballos foi de 86.722,74 euros, o custe dos honorarios de redacción do proxecto foi de 4.241,88 euros e os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde foi de 3.299,23 euros.