Chega o calendario máis fermoso: o do Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas xa comezou o reparto do calendario 2023, o almanaque máis agardado polo veciños do municipio que se reparte porta a porta e é totalmente gratuito. Un ano máis está composto por imaxes do municipio e, seguindo a estética do ano pasado, o almanaque é a toda cor e incorpora refráns en cada un dos doce meses do ano. Como novidade incorpora un apartado de ‘Notas’. 

“Queremos que o 2023 veña cargado de enerxía, de positividade e de moita cor. Vai gustar moito porque ver o noso patrimonio e os lugares emblemáticos do concello dende o aire é espectacular”, asegura o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que lembra que neste calendario se incorporan todas as feiras de Ponte Caldelas, as festas de cada un dos lugares do municipio e tamén os eventos que se organizan a nivel municipal. 

O calendario entregarase porta a porta en todas as vivendas do concello e tamén se distribuirá nos comercios e locais de hostalería da vila. No Consistorio haberá tamén exemplares para que poidan recoller aquelas persoas que desexen facerse cun almanaque que, un ano máis, logra aunar a esencia de Ponte Caldelas nos doce meses do ano.

O almanaque recibiu unha subvención 2.080,36 euros da Deputación de Pontevedra, dentro da convocatoria do ano 2022, para a dinamización da lingua galega

Nesta ocasión, protagonizan o calendario
xaneiro: Capela de San Vicente – Parada
febreiro: Igrexa da Inmacula Concepción – Silvoso
marzo: Palco da Música – Vilarchán
abril: Vista área – Gradín
maio: Capela de San Xoan – Laxoso
xuño: Ponte sobre o Río Verdugo – Ponte Caldelas
xullo: Igrexa de San Fiz – Forzáns
agosto: Capela de San Miguel – Contixe
setembro: Capela do Casteliño – Ponte Caldelas
outubro: Pedra do Cervo – Cuñas
novembro: Danza Celta na Igrexa de San Andrés – Anceu
decembro: Proxecto da Estación Termal de Ponte Caldelas

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.