Categoría: Noticias

Agader subvencionacon 52.088 euros a mellora do camiño municipal de acceso a Regodobargo

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 52.088 euros para a mellora de camiños municipais no municipio ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-26, dos cales 25.376,19 son a cargo da anualidade 2025 e 26.711,81 euros (Obra civil : 25.514,92 euros e Control de calidade: 1.196,89 €) corresponden á anualidade de 2026. O proxecto finánciase a través de Fondos da Unión Europea:  Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER

O Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ofrece aos concellos rurais fondos para soster as súas infraestruturas viarias e mellorar a mobilidade nas aldeas e parroquias facilitando as labores agrogandeiras.

Ponte Caldelas recibe unha subvención de 3.300 euros para renovar o equipamento da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas

A axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está destinada á adquisición de equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

O Concello de Ponte Caldelas realiza unha inversión de 6.767,53 euros na Biblioteca Municipal de Ponte Caldelas con cargo á subvenión para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para
a realización de actividades culturais, na convocatoria para o ano 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia

A administración autonómica aporta 3.300 para renovar o equipamento da Biblioteca, que neste ano 2025 contempla novos armarios, cadeiras infantís, percheiros, papeleiras e unha mesa para ordenador portátil. A achega de fondos propios por parte do Concello ascende a 3.467,53 euros.

Convenio entre Medio Rural e o Concello de Ponte Caldelas para accións de prevención e defensa contra os incendios forestais

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Ponte Caldelas asinaron un convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027
O orzamento total ascende a 16.100 euros, dos que 12.880 euros apórtanse a través da axuda pública.
A través deste convenio, o Concello de Ponte Caldelas realiza traballos preventivos a través da roza mecanizada de 23 hectáreas co obxectivo de realizar unha correcta prevención dos incendios forestais.

O rural dinamízase con A Cova das Letras e o seu espectáculo Pepa A Loba

  • A actividade foi obxecto dunha subvención de Dinaminación da Lingua Galega da Deputación de Pontevedra recibindo un importe de 2.800,53 euros

O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha durante o mes de setembro unha nova edición do programa «A Hora dos Nenos», unha actividade lúdico-educativa interxeracional que pretende dinamizar o rural do concello e que comezou a súa andadura no ano 2020.

Este ano, a actividade contou cunha subvención de 2.800,53 euros da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria do ano 2025 das subvencións de Dinaminación da Lingua Galega.

Nesta ocasión, a famosa bandoleira Pepa a Loba, interpretada por Cris Collazo de A Cova das Letras, realizou dez sesións nos lugares de Silvoso, Caritel, Laxoso, Tourón, Taboadelo, Xustáns, A Reigosa, Vilarchán, Chaín e Ponte Caldelas.

Festa das Dores en Ponte Caldelas

Vén e vive as Festas das Dores de Ponte Caldelas!!
🟧 Venres 29 de agosto:
23.00 h. Caldelas Xoven’: FESTIVAL VERBENA FM con Dj Marcos Magán, Dj Casanova, Dj Rokiño


🟥 Sábado 30 de agosto:
13.30 h. Banda de Música de Mondariz
20.00 h. Procesión das Dores
20.30 h. Festival Folclórico
23.00 h Olympus e Magos


🟩 Domingo 31 de agosto:
13.30 h. Banda de Música de Tenorio
21.00 h. Luar na Lubre
23.00 h. Marbella

🟪 Luns 1 de setembro:
13.30 h. Banda de Música Cultural de Arcade
20.30 h. Festival Son de Ponte Caldelas
23.00 h. Los Coleguitas e DJ Aitor Alfonsín


🟨 Martes 2 de setembro:
13.30 h. Banda de Música de Redondela
20.30 h. Procesión de San Roque co acompañamento da Banda de Gaitas Os Coribantes de Ponte Caldelas, Banda de Guerra e Escuadra de Gastadores da Brilat
23.00 h. e ata as 08.00 h El Combo Dominicano, Triunfo e Los Españoles

Luar na Lubre, concerto do +Música en Ponte Caldelas o domingo 31 de agosto ás 21.00 h

A Alameda de Ponte Caldelas acolle o domingo 31 de agosto ás 21.00 horas o concerto de Luar na Lubre, enmarcado no programa +Música da Deputación de Pontevedra. O concerto forma parte da programación da Festa das Dores de Ponte Caldelas que se extende dende o venres 29 de agosto ao martes 2 de setembro

Nos seus 38 anos de andaina musical, Luar na Lubre vendeu máis de 350.000 exemplares e recibiu dous Discos de Ouro, 9 Premios da Música e outros recoñecementos tanto dentro como fóra de Galicia. A formación ofreceu máis de 2.000 concertos en máis de 40 países, onde participou en festivais destacados onde actuou xunto a artistas internacionais como Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof. Actualmente é considerado un dos grupos máis destacados do folk galego e presentará no escenario de Poio as cancións do seu novo traballo «Luar Na Lubre XX. Encrucillada», unha recompilación dalgúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio.

Museo Encantado chega a Ponte Caldelas da man do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra

O Museo Encantado chega a Ponte Caldelas o sábado 16 de agosto da man do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra
É un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e gozar dun xeito diferente.
Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.
– Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.
– Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través dun vello teléfono.
– Un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través dunha pantalla.
– Un antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debese, a quen lle regalarei unha confesión que nunca pensamos que fariamos.

Entre cada instalación máxica poderemos gozar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir gozando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.

Nº expediente IDAE: PR-D5000-2021-000149

Acceso al medidor de energía térmica

Nº expediente IDAE: PR-D5000-2021-001859


PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.