A Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención de 14.107,50 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a rehabilitación unha infravivenda. O Concello solicitou esta axuda en base á Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á
concesión das subvencións do Programa de Infravivenda, empregando o procedemento: VI406A. Segundo a resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de
subvencións para actuacións de rehabilitación (códigos de procedemento VI422F e VI406A) foi concedida a subvención do 95% do orzamento protexido, ascendo a axuda a 14.107,50€, sobre un orzamento total de 14.850,78 euros.