ADMINISTRACIÓN

FESTA DA TROITA PONTE CALDELAS

SÁBADO 20 DE MAIO.

  • A partir das 08:30 horas CONCURSO SÉNIOR E VETERANO DE PESCA
    DEPORTIVA.
  • Ás 19:00 apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN de troitas na Alameda de Ponte
    Caldelas.
  • Ás 18:00 ACTUACIÓN do grupo de baile rexional “Escola de Bailes Tradicionais
    Trouleada de Ponte Caldelas”.
  • Ás 18:30h ACTUACIÓN do grupo de baile rexional infantil da Banda de Gaitas Os
    Coribantes de Buchabade na Alameda.
  • Ás 18:50 ACTUACIÓN de bailes de salón a cargo do grupo PONTE CALDELAS
    BAILA.
  • Ás 20:00 horas II FESTIVAL TROITA FOLK. Os Coribantes de Buchabade na
    Alameda.
  • Ás 20:00 horas, na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas, CERTAME
    CORAL, a cargo da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas.
  • A partir das 23:00 horas, VERBENA co GRUPO BOMBA de Canarias e a DISCO
    MÓVIL SUPERFABRIC.
    DOMINGO 21 DE MAIO.
  • Desde as 09:00 CONCURSO DE PESCA FEMININO, XUVENÍS E INFANTÍS.
  • As 12:00 apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN na Alameda de Ponte
    Caldelas.
  • As 12:00 h PASARRÚAS a cargo da Banda de Música Popular de Meaño.
  • Ás 13:00 horas na Alameda ENTREGA DE TROFEOS do Campionato de Pesca nas
    súas diferentes categorías.
  • Ás 13:30 horas na Alameda CONCERTO da citada Banda de Música.
  • As 19:00 horas apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN DE TROITAS.
  • Ás 19:00 horas II FESTIVAL FOLCLÓRICO TROITA FOLK na Alameda.

Concurso de Redacción Festa da Troita


BASES CERTAME DE REDACCIÓN LV FESTA DA TROITA

PRIMEIRA.- Poderán concorrer ó concurso tódolos autores e autoras con idades comprendidas de acordo a seguinte categoría: Entre os 9 e os 11 anos ámbalas inclusive.
SEGUNDA.- As redaccións terán unha extensión mínima dun folio (a unha soa cara) e máxima de dous. O contido a desenrolar será, obrigatoriamente, sobre sobre algún tema relacionado con Ponte Caldelas: tradicións, festas, lendas, paisaxes, contos, … así como sobre o concepto de sostenibilidade, actividades sostibles, etc. Poderanse presentar escritos a man (letra lexible) ou ben a ordenador ou máquina. O prazo de entrega da redaccións comeza o vindeiro 1 de marzo e remata o 31 de marzo.
TERCEIRA.- Os traballos entregaranse na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ponte Caldelas (Centro Cultural) ou ben ó mestre/a que funcione como responsable no CEIP A Reigosa ou no CEIP Manuel Cordo Boullosa.
CUARTA.- Establécese un primeiro premio para cada centro escolar ( CEIP Manuel Cordo Boullosa e CEIP A Reigosa) consistente en: agasallo conmemorativo e unha tablet (por un valor estimado de 200€).
QUINTA.- O Xurado estará formado polo mestre responsable no CEIP Manuel Cordo Boullosa, o seu homólogo no CEIP A Reigosa e un representante do Concello de Ponte Caldelas.
SEXTA.- Os premios entregaranse nun acto oficial a celebrar en cada centro educativo.
SÉPTIMA.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do Xurado que será inapelable.
OITAVA.- As presentes bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.