ADMINISTRACIÓN

Retranca e humor con Leti da Taberna da man da Deputación de Pontevedra

A retranca e o mellor do humor galego chegan este venres, 8 de agosto, a Ponte Caldelas coa actuación de Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, unha taberneira de nacemento.

En maio de 2020, comezou subir contidos a TikTok e a día de hoxe acumula deceas de miles de seguidores e seguidoras neste rede social e en Instagram.

Utilizando a ironía e a retranca galega, desde unha perspectiva feminista, Leti fará rir a todo Ponte Caldelas co seu monólogo “Enrededada”, que poderá verse gratuitamente na Alameda ás 21.00 horas. Esta actuación, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, forma parte do programa «+Escénicas»

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención de 53.808,51 euros ao Concello de Ponte Caldelas con cargo á Liña 2 do Plan Máis Provincia

A subvención destinase a cubrir as facturas de xaneiro e febrero de 2025, do Contrato de recollida, transporte e xestión de resíduos sólidos urbáns e xestión do punto limpo.
O gasto dos meses de xaneiro e febreiro ascende a un total de 79.789,14 euros, dos que 53.808,51 euros se aboarán con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, concretamento con cargo á Liña 2: gasto corrente derivado da prestación de servizos municipais.

Testosterona, da compañía Malasombra, en Ponte Caldelas

A obra chegou a Ponte Caldelas a través do programa ‘+Escénicas’ da Deputación de Pontevedra

O Salón de Actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas acolleu o xoves 6 de marzo a obra de teatro ‘Testosterona’, da compañia Malasombra. A obra chegou a Ponte Caldelas a través do programa ‘+Escénicas’ 2024 da Deputación de Pontevedra, aportando o ente provincial a cantidade de 3.097,60 euros para a posta en escea da obra teatral, o 80% do custe total da obra: 3,872 euros

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.