Categoría: Noticias

Ponte Caldelas, espectacular no calendario de 2024

A publicación foi obxecto dunha subvención de Dinamización Sociolingüística para a dinamización da lingua galega da Deputación de Pontevedra, recibindo un importe de 3.267 euros (70%)

O Concello de Ponte Caldelas editou, novamente, para o ano 2024 un calendario que se reparte porta a porta e é totalmente gratuito. Un ano máis está composto por imaxes do municipio e, seguindo a estética do ano pasado, o almanaque é a toda cor e incorpora refráns en cada un dos doce meses do ano. O almanaque recibiu unha subvención 3.267 euros da Deputación de Pontevedra, dentro da convocatoria do ano 2023, para a dinamización da lingua galega

O calendario permite contemplar o patrimonio e os lugares emblemáticos do concello dende o aire e incorpora tamén todas as feiras de Ponte Caldelas, as festas de cada un dos lugares do municipio e os eventos que se organizan a nivel municipal. 

O calendario entrégase porta a porta en todas as vivendas do concello e tamén se distribuirá nos comercios e locais de hostalería da vila. No Consistorio haberá tamén exemplares para que poidan recoller aquelas persoas que desexen facerse cun almanaque que, un ano máis, logra aunar a esencia de Ponte Caldelas nos doce meses do ano.

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención de 15.137,10 euros ao Concello de Ponte Caldelas para a redacción do proxecto de «Recuperación peonil dos espazos entre a Praza de España e Praza de Frei Antonio Orge»

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto de recuperación peonil dos espazos entre as prazas de España e Frei Antonio Orge.

A través do Plan Ágora, a Deputación outorgoulle ao Concello unha axuda a través do Eixe 1 (redacción de proxectos). A redacción do proxecto de recuperación peonil dos espazos entre as prazas de España e Frei Antonio Orge custou 16.819 euros, dos que a Deputación de Pontevedra subvencionou 15.137,10 euros, o 90% do custo do proxecto, e o Concello de Ponte Caldelas asumiu 1.681,90 euros.

2º CONCURSO ‘PORTAS DE NADAL’ PONTE CALDELAS 2023

BASES:

1.- PARTICIPANTES: Poderán participar as portas de vivendas existentes no termo municipal de Ponte Caldelas. Os/as solicitantes deberán de figurar como alta no Padrón Municipal de Habitantes.

2.- PRAZO DE EXPOSICIÓN: O prazo de exposición das portas participantes será o comprendido entre o 24/12/2023 e o 06/01/2024.

3.- PRAZO E FORMA DE SOLICITUDE: O prazo de envío das fotografías das portas participantes rematará o 29/12/2023, ás 14.00 horas. Para participar deberán de enviar a fotografía ó email portasdenadal@pontecaldelas.gal . Deberá de vir acompañada dos datos do/a participante (nome, apelidos, DNI, domicilio no concello, teléfono). Unha vez recibida a fotografía e comprobados os datos seralle enviado un correo de confirmación de participación no Concurso.

4.- TEMA: O tema para desenvolver será alegórico ao Nadal. Descartaranse aquelas imaxes que resulten ofensivas, abusivas… ou que teñan contido publicitario. 

5.- PREMIOS: establécense os seguintes premios:
1º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 250
2º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 200 €
3º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 150 €

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN: As imaxes recibidas subiranse ó Facebook de Alcaldía e a ’Turismo Ponte Caldelas’ o 29/12/2023 e competirán entre si por un “ME GUSTA” que reflectirá os/as gañadores do Concurso. O período de votación abranguerá ata o 02/01/2024 ás 14:00 horas. En caso de empate entre dúas ou máis fotografías procederase a desempatar mediante sorteo.

7.- ENTREGA DE PREMIOS: os premios serán entregados nos domicilios premiados facéndose unha foto do acto que será publicado nas redes sociais de Alcaldía, Turismo Ponte Caldelas, medios de comunicación, etc.
8.- A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases, así como as decisións tomadas por parte do Concello de Ponte Caldelas, podendo quedar excluído todo aquel participante que as incumpra.

9.- A participación no Concurso exime de toda responsabilidade á organización a cargo do Concello de Ponte Caldelas así como de calquera tipo de indemnización que poida considerarse por motivo da suspensión ou calquera outra circunstancia relacionada co Concurso.

10.- O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de interpretación das presentes Bases.

A Deputación de Pontevedra colaborou co Concello de Ponte Caldelas no gasto corrente derivado da prestación de servizo municipais

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 2 do Plan Concellos – Gasto Corrente derivado da prestación de servizos municipais do Plan Concellos 2023, colaborou co Concello de Ponte Caldelas cunha  subvención, por importe de 55.898,44 euros para a Recollida, transporte e xestíón de residuos sólidos urbáns e xestión do Punto Limpo. Empregouse para o pago das facturas correspondentes aos meses de maio e xuño de 2023 do Contrato de recollida, transporte e xestión de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo municipal, cuxa  cifra ascende a 67.011,86 euros.

A Deputación de Pontevedra colaborou co Concello de Ponte Caldelas na sesión vermú de agosto e a Festa das Dores 2023

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 2 do Plan Concellos 2023, colaborou co Concello de Ponte Caldelas na sesión vermú do mes de agosto e a Festa das Dores 2023. A colaboración foi ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2023. A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 55.898,44 euros dos que o Concello de Ponte Caldelas investiu un total de 55,898,44 euros, repartidos na actuación de catro bandas de música e as actuacións das orquestras na verbena da Festa das Dores.

Desbroce mecanizado en preventivo de 25,79 hectáreas

O Concello de Ponte Caldelas realizou traballos de prevención de incendios en 25,74 hectáreas de vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal.

Co fin de cumprir co establecido no Convenio Interadministrativo entre a Consellaría do Medio Rural o Concello de Ponte Caldelas realizou accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2023, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014‐2020.
Así cúmprese co convenio asinado o 25 de maio de 2023, no que o Concello de Ponte Caldelas se comprometeu a realizar actuacións de tratamentos preventivos de xeito mecanizado mediante a xestión da biomasa vexetal co fin de diminuír a carga de combustible e crear descontinuidades horizontais e verticais para conseguir modelos de combustibles nos que o lume, en caso de producirse, avance con máis lentitude e facilite a intervención dos medios de defensa.

A continuación, enumeranse as actuacións que se levaran a cabo en vías e camiños
forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión da biomasa mediante roza, rareo e
eliminación de restos.

LEILÍA EN PONTE CALDELAS

A formación compostelá dará en Ponte Caldelas un dos seus últimos concertos da súa xira de despedida baseada no espectáculo «Vidas cantadas»

Será o domingo 27 de agosto ás 21.00 horas na Alameda de Ponte Caldelas nun concerto ao aire libre con entrada de balde.

FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27

O vindeiro xoves, 15 de xuño de 2023, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para rematar a elaboración da futura estratexia do territorio.
 
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
 
Queremos coñecer a túa opinión, para definir entre tod@s os principais obxectivos e proxectos que van  marcar o rumbo do territorio nos vindeiros anos.
 
Por un rural vivo, dinámico e integrador,
INSCRÍBETE E PARTICIPA NO FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27
https://forms.gle/2osN3y5CuMBvVmYX8
 
A TÚA VOZ CONTA !!

FESTA DA TROITA PONTE CALDELAS

SÁBADO 20 DE MAIO.

  • A partir das 08:30 horas CONCURSO SÉNIOR E VETERANO DE PESCA
    DEPORTIVA.
  • Ás 19:00 apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN de troitas na Alameda de Ponte
    Caldelas.
  • Ás 18:00 ACTUACIÓN do grupo de baile rexional “Escola de Bailes Tradicionais
    Trouleada de Ponte Caldelas”.
  • Ás 18:30h ACTUACIÓN do grupo de baile rexional infantil da Banda de Gaitas Os
    Coribantes de Buchabade na Alameda.
  • Ás 18:50 ACTUACIÓN de bailes de salón a cargo do grupo PONTE CALDELAS
    BAILA.
  • Ás 20:00 horas II FESTIVAL TROITA FOLK. Os Coribantes de Buchabade na
    Alameda.
  • Ás 20:00 horas, na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas, CERTAME
    CORAL, a cargo da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas.
  • A partir das 23:00 horas, VERBENA co GRUPO BOMBA de Canarias e a DISCO
    MÓVIL SUPERFABRIC.
    DOMINGO 21 DE MAIO.
  • Desde as 09:00 CONCURSO DE PESCA FEMININO, XUVENÍS E INFANTÍS.
  • As 12:00 apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN na Alameda de Ponte
    Caldelas.
  • As 12:00 h PASARRÚAS a cargo da Banda de Música Popular de Meaño.
  • Ás 13:00 horas na Alameda ENTREGA DE TROFEOS do Campionato de Pesca nas
    súas diferentes categorías.
  • Ás 13:30 horas na Alameda CONCERTO da citada Banda de Música.
  • As 19:00 horas apertura do STAND DE DEGUSTACIÓN DE TROITAS.
  • Ás 19:00 horas II FESTIVAL FOLCLÓRICO TROITA FOLK na Alameda.

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.