ANDRÉS DÍAZ SOBRAL, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS.
FAI SABER:
Que con motivo da festividade de SAN XOÁN e SAN PEDRO nos vindeiros 24 e 29 de xuño, recórdase a tódolos veciños/as do municipio que:
A COMUNICACIÓN PARA FACER FOGUEIRAS PODERÁ PRESENTARSE ATA O DÍA 18 DE XUÑO (MARTES) POLA SEDE ELECTRÓNICA (pontecaldelas.sedelectronica.es) OU NAS OFICINAS DO CONCELLO.
Todo elo de conformidade co establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponte Caldelas, 29 de maio de 2024