
O Concello de Ponte Caldelas levará a cabo unha intervención na Avenida de Galicia, creando unha vía de sentido único con calmado de tráfico cunha ‘zona noble’ empedrada diante do edificio consistorial e do templo, colocando mobiliario urbano, beirarrúas de pedra e creando tamén zonas verdes e espazo de estacionamento en batería, co que se ampliarán o número de prazas. O custe do proxecto son 431.233,33 euros, a subvención concedida polos Fondos FEDER da Unión Europea é de 344.986,66 euros.
As axudas recibidas enmárcanse na “Convocatoria de Ayudas a Entidades Locales para proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020 (Real Decreto 316/2019, por el que se modifica el Real Decreto 616/2017, de 16 de junio)”, sendo outorgadas polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), entidade adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

