A actividade foi obxecto dunha subvención de Dinaminación da Lingua Galega da Deputación de Pontevedra recibindo un importe de 2.132,63 euros

O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha durante o mes de setembro unha nova edición do programa A Hora dos Nenos, unha actividade lúdico-educativa interxeracional que pretende dinamizar o rural do concello e que comezou a súa andadura no ano 2020. Este ano, a actividade contou cunha subvención de 2.132,63 euros da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria do ano 2024.
Nesta ocasión Sonsoles Penadique deleitou á veciñanza de Ponte Caldelas coa música popular galega recollida na década dos 70 en Galicia por Dorothé Schubarth, a través da actividade ‘O chintófano de Dorothé’, ofrecendo un total de nove sesións nos lugares de Silvoso, Caritel, Insua, Tourón, Taboadelo, Xustáns, A Reigosa, Vilarchán e Ponte Caldelas.


